Esta vila está bañada ao longo de 10km polo río Miño, o cal fai fronteira con Portugal. Así mesmo, destaca a presenza do río Termes. A elaboración do queixo popularmente coñecido como “Requeixo dás Neves” e a extracción e envasado do mel son os protagonistas da Feira do Requeixo con mel, declarada de Interese Turístico de Galicia. Así mesmo, como en case todo o territorio, o viño forma parte da tradición, a paisaxe e a cultura, exaltándose de forma destacada na Feira do Viño Tinto. Unha contorna natural incrible e unha dotación de servizos e infraestruturas de primeira orde fan que este lugar sexa perfecto para instalarse e iniciar unha nova vida.